Galicia

Galicia contará cunha Lei de garantía do abastecemento para garantir a subministración, reducir a vulnerabilidade dos sistemas e protexer a saúde pública fronte a situacións adversas como a seca

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a Lei de Garantía do Abastecemento para garantir a subministración en cantidade e calidade axeitadas á poboación, reducir a vulnerabilidade dos sistemas e protexer a saúde pública fronte a situacións adversas como a seca.
https://www.youtube.com/watch?v=Vl7eMDrTA9s
O Proxecto de lei aprobado hoxe busca blindar o abastecemento de auga á poboación, tanto nos períodos de seca, como nos episodios puntuais nos que o consumo de auga pode entrañar un risco para a poboación. O presidente da Xunta incidiu en que esta norma nace da constatación de que Galicia necesita adaptar a xestión da auga ao novo contexto climático.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.