Este sábado chega a Rianxo o VII Torneo Internacional de Xadrez organizado polo Club Xadrez Rianxo e patrocinado polo concello e a Deputación.
O escenario volverá a ser o pabillón municipal.
Encargáronse de presentar o evento o alcalde local, Afoldo Muíños e o secretario do club de xadred de rianxo, Néstor Martínez Dourado.
As inscricións teñen un custo de 6 euros e poderán facerse antes da primeira rolda no local de xogo. Os interesados deberán inscribirse enviando un correo electrónico á dirección escolaxadrezrianxo@gmail.com ou ben na páxina web www.xadrezrianxo.com.
Os gañadores poderán obtar a premios de ata 100 euros