O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un novo aumento salarial para os empregados públicos da Xunta na próxima nómina -a correspondente a xullo-, de xeito que en 2019 percibirán unha media de 885 euros anuais máis que en 2018 (unha suba do 2,5%), e unha media de 3.825 euros anuais máis que en 2015, cando se iniciou a senda da recuperación económica.
https://www.youtube.com/watch?v=cRXHCJ5O0p8