Deputación Da Coruña

A deputación licita as obras de mellora da seguridade viaria e renovación de servizos na rúa FRANCISCO LORENZO EN AGUIÑO

O Boletín Oficial da Provincia anuncia hoxe a apertura do proceso de contratación mediante procedemento aberto das obras para a mellora da seguridade viaria e renovación de servizos na rúa Francisco Lorenzo Mariño, vía principal de entrada ao núcleo de Aguiño.

O prazo para presentar ofertas é de 26 días naturais e hai un único criterio de valoración. As entidades interesadas deben remitir as súas propostas ao Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

Incluída no Plan de Travesías da Deputación, a obra ten un orzamento de 464.877,76 euros e un prazo de execución de 10 meses. O financiamento da obra é provincial a partir dun proxecto técnico elaborado polo Concello.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.