Galicia

Os centros de saúde de Ribeira Boiro, Rianxo, Noia, Porto do Son, Muros e Outes rexistran dende esta semana o documento de instrucións previas que recolle o testamento vital

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago estendeu a posibilidade de realizar o rexistro de instrucións previas (IPs) a 17 centros de saúde da área compostelá, que recollen este documento dende esta semana, entre os que se atopan os centros de saúde de Boiro, Rianxo, Noia, Porto do Son, Muros, Outes e Ribeira.

Esta oferta é froito do compromiso da área sanitaria de Santiago polo desenvolvemento dos dereitos dos doentes, entre os que se contempla o principio ético de autonomía. É un paso máis na achega de prestacións, que ata agora só se daba nos hospitais, ao ámbito máis próximo a través do seu centro de atención primaria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.