Icono del sitio CanalBarbanza.com

O 82% das persoas que comercializan vivendas de uso turístico en Galicia son pequenos propietarios cun único inmoble

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo hoxe balance da actividade desenvolvida polas vivendas de uso turístico, unha tipoloxía de aloxamento que desde hai dous anos conta cunha regulación específica na nosa Comunidade.
Cartel de YouTube
Entre as cifras expostas, o conselleiro chamou a atención sobre o reparto da propiedade destes inmobles, un dato novidoso e que constata que se trata dunha opción maioritariamente de pequenos propietarios. De feito, o 82% dos galegos que comercializan unha vivenda de uso turístico contan cun único inmoble en alugueiro. Esta cifra aumenta ata o 93% no caso de arrendatarios cunha ou dúas vivendas. Así, só un 7% dos propietarios dispoñen de máis de dúas no mercado. A análise efectuada polo Goberno galego amosa a gran dispersión na distribución das vivendas de uso turístico polo territorio, así como a dispersión na distribución da súa propiedade. “Contabilizamos máis de 6.300 propietarios distintos que libremente deciden poñer a súa primeira ou segunda vivenda no mercado do alugueiro turístico”

Salir de la versión móvil