O MERCADO MUNICIPAL non se inaugurará ata o vindeiro ano debido á falta dun transformador para a insfraestructura

Foron xa varias as actividades celebradas no novo mercado municipal de Ribeira. De feito, foi esta fin de semana cando as instalacións acolleron varias exhibicións artísticas e eventos gastronómicos que cegaron da man da Feira Artemar 2015. Sen embargo o funcionamento habitual do mercado non dará comezo ata o vindeiro ano. Así o asegura o alcalde local, Manuel Ruiz que, explicaba esta mañá o motivo principal polo que de momento non se pode levar a cabo a inauguración. O mercado municipal non conta polo de agora cun transformador axeitado que permita o suministro eléctrico á infraestructura. Un Traballo que corre a cargo de Gas Natural e que se desenvolverá nos vindeiros meses para desta forma poder inauguralo a principios do ano que ven.

En canto á lonxa municipal cabe destacar que mañá sairá publicado no Boletín Oficial do estado a data da súa posta en marcha que terá lugar unha vez rematado o Traballo de aconsicionamento das instalacións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.