ABANCA e a Asociación Rianxeira de Empresarios veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito aos profesionais desta localidade do sur da provincia da Coruña.
O presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, Alfonso Castro Rodríguez, e o director de zona de ABANCA en Santiago-Barbanza, Jesús Soto Carballada, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira coa pequena e mediana empresa galega.
O convenio facilita que os empresarios asociados deste polo industrial accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.
Ademais, o convenio tamén recolle préstamos para anticipo de subvencións ou fraccionamento de impostos sen comisións ou sen intereses e coberturas de prezos sobre, así como outros produtos deseñados.
O financiamento complétase a través do convenio que ABANCA asinou coa Deputación da Coruña chamado “Plan Activamos”, con liñas específicas para a creación de novos negocios.