Galicia

A Xerencia sanitaria compostelá aposta pola enfermería especialista

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago continúa coa súa aposta pola especialización do persoal de enfermería e incorporou onte ao seu cadro de persoal a 3 novas enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria nos centros de saúde de A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Concepción Arenal. Así, os centros de saúde da área sanitaria compostelá contan nestes intres con 9 enfermeiras con diferentes especialidades.
https://www.youtube.com/watch?v=pLC3VQg8cLc
O novo persoal vense sumar a outras tres enfermeiras especialistas que iniciaron o seu traballo o pasado ano nos centros de saúde de Valga, Santa Comba e Bertamiráns e está planificada a incorporación de máis enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria nos centros de saúde da área compostelá antes de que acabe o ano.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.