60 nenos e nenas de 6 a 13 anos que están a participar nos obradoiros de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer pertencentes á programación do Verán Cultural de Riveira tiveron oportunidade de visitar o parque periurbano de San Roque.
Aí tiveron ocasión de coñecer algunhas das exposicións permanentes sobre a prehistoria e o patromonio do municipio que se poden contemplar no Centro de Interpretación Arqueolóxica: lugar onde puideron realizar unha visita guiada da man da técnica municipal de turismo Sandra Fernández.
Visita de sesenta nenos do verán cultural ao PARQUE PERIURBANO DE SAN ROQUE
Please login to join discussion