Os nacionalistas de Ribeira xa están cansos de agardar e por isto que esta mañá fixeron pública a súa denuncia diante dos medios de comunicación. O grupo demanda a falla de transparencia do equipo de goberno local. Tal é así que, segundo explicou o seu portavoz, Xosé Antonio Vázquez Cobas, levan tres meses sen recibir as actas da xunta do goberno local, a última data do pasado catro de xuño.
Os nacionalistas aseguran que se trata dun feito moir grave pois impide o acceso á información para o control do goberno de Manuel Ruiz.
Mentres tanto xa se encargaron de entregar un escrito no rexistro da casa consistorial dirixido ao alcalde e á secretaria municipal onde esixen que se lles remita en tempo e forma toda a documentación que teñen dereito a recibir.
Covas lembrou que na actualidade Manuel Ruiz esta a gobernar en minoria e con só oito concelleiros xa que un deles abandonou o grupo este mesmo verán. O BNG asegura que esperaba unha postura máis dialogante e de maior transparencia.
Os nacionalistas denuncian a falta de transparencia do goberno de MANUEL RUIZ
Please login to join discussion