Dúas nenas e dous nenos saharauis están a pasar o seu período estival en Ribeira grazas á solidariedade de tres familias do municipio que lles brindan acollida no marco do programa Vacacións en Paz.
O alcalde Manuel Ruiz, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño, recibiu hoxe no salón de plenos do Consistorio aos catro rapaces e ás súas familias de acollida, interesándose pola súa estancia en Riveira e eloxiando a xenerosidade dos veciños do municipio que lles dan acubillo.
Os catro pequenos recibiron uns agasallos en forma de mochilas e outro material escolar, e as súas familias de acollida, uns libros sobre a exposición do Santa Isabel O Concello de Ribeira colabora co programa Vacacións en Paz a través dunha achega económica neste exercicio de 3.760 euros.