Xunta de Galicia

Familiar, moza, innovadora e verde. Estes son os catro retos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante unha reunión cos membros do Executivo

Familiar, moza, innovadora e verde. Estes son os catro retos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, durante unha reunión cos membros do Executivo, directores e secretarios xerais da Xunta, para acadar, dixo, unha Galicia de máis calidade na nova década.
https://www.youtube.com/watch?v=C39OVn9gzNM
Co obxectivo de avaliar o traballo feito ata agora e, sobre todo, preparar “o moito que temos por diante”, Feijóo mantivo esta mañá unha xornada –como se fixo ao inicio da lexislatura- que culmina coa posta en común do traballo previo das diferentes consellerías, para reforzar a unidade de acción dun Goberno unido e estable e redobrar a intensidade desa acción, logo da inevitable interrupción que para todas as administracións supoñen os procesos electorais e nun contexto político de inestabilidade e incertezas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.