Deportistas chegados de tódolos puntos da xeografía autonómica e portugal participan este sábado na XVI TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE PORTO DO SON

A Praia de Coira de Portosín acollerá ás 11.30 deste sábado a décimosexta edición da Travesía a Nado Concello de Porto do Son.

Un evento que xa conta cun gran número de participantes e que agarda chegar aos 150 inscritos.

A nivel organizativo este ano aumentáronse o número de categorías constante de 14 masculinas e femininas que abranguen distintos períodos de idades e oercorridos.

Unha regata incluida no Circuito de Augas Abertas da Federación Galega de Naración onde os participantes proceden de tódalas xeografía autonómica, dende clubes veciños como o de Boiro e Ribeira ou o Club de Natación Santiago ata clubes de outras provincias procedentes de Vigo, Lugo, Ponteareas e incluso nadadores portugueses.

A entrega de premios terá lugar na mesma praia ás 13.00 horas.

O prazo de inscrición pechará unha hora antes de dar comezo a proba. Os interesados pon facelo x ana páxina web da Federación Galega de Natación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.