A tempada futbolística arrinca con malos resultados no barbanza

O novo curso futbolístico do Boiro comezou onte en Vista Alegre cun partido, a priori, de nivel contra o filial do Deportivo, que derrotou pola mínima ao conxunto branco quedando 0-1. A primeira parte foi moi igualada, pero as mellores ocasións foron para o equipo visitante, adestrado por Manu Mosquera. O encontro non tivo un dominador claro no primeiro acto.
No pequeno campo do Bertamiráns, os de Susín encaixaron tres goles na primeira media hora do encontro e cultivaron a súa primeira derrota da tempada. O vendaval dos locais foi imparable de inicio. Basta dicir que o Ribeira, a través de Espi, só conseguiu realizar un disparo na primeira parte o que levou a un marcador de 3-0.
Os pobrenses tamén caeron 3-0, sendo os dous primeiros goles de penalti e rodeados de polémica. O que tampouco negan no conxunto branquiazul é que a experiencia dos coruñeses sobre o terreo de xogo, «fronte á mocidade dos nosos», determinou o choque a favor dos visitantes, que tiveron varias ocasións para sentenciar o encontro.
Por último o Noia acadou un punto na súa primeira saída da tempada.
Pero o marcador foi un 0-0 contra o Alondras.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.