Técnicos de electricidade do Barbanza alertan aos consumidores das neglicenxias que as compañías electrícas están a cometer á hora de efectuar os pagos no envío dos recibos.
Un perito industrial, fonte propia do medio, afirma que no último ano esta a repuntar o envio de facturas falsas que as veces chegan a aumentar nun 70% o gasto real.
O prezo da luz por kilowatio non medrou nos últimos meses, a causa principal deste gran repunte no consumo electrico é o aumento do termo da potencia que se duplicou dende o mes de maio do pasado ano 2014.
Técnicos de electricidade do Barbanza aseguran que están a recibir a máis de tres persoas cada día que se queixan dos recibos e piden un axuste no termo da potencia.
Un dos ejemplos que explicaba que destaca o perito industrial é unha factura dunha persoa que acudiu en busca de axuda porque emitia unha cantidade de 719 euros onde no seu respectivo croquis de consumo non aparecía reflexado os últimos catro meses.
En caso de que vostede reciba unha factura cun importe moi superior ao normal acuda a unha xestoría ou ben a un técnico de electricidade para obter información e saber se se trata dun erro, desta forma tería a autorización de reclamar as facturas erróneas dos últimos cinco anos.
TÉCNICOS DE ELECTRICIDADE DO BARBANZA alertan aos consumidores das ESTAFAS nos RECIBOS DA luz que poden Aumentar nun 70% os gastos reais
Please login to join discussion