Un ano máis o concello ribeirense sitúase no epicentro marítimo de Galicia grazas á feira Artemar Ribeira que acumula este ano un total de 101 stand chegados de tódalas partes do mundo, como por exemplo un posto que ven directo da parte exipcia de Oriente Próximo para encher de exotismo a aqueles que así o desexen.
Diversas asociacións ribeirenses como Amas de Casa, Aires de Dorna ou Riveira escríbese con V, ocupan dende onte a praza do concello onde se están a desenvolver distintos obradoiros como elaboración de marcapáxinas, de confección de redes degustacións de xurel e xarda ou actuación de pandereteiras.
Cómpre lembrar que no stand de Riveira escríbese con V, ademais de numeroso material co que informarse sobre os recursos turístico da zona e sobre o programa da feira, tamén é posible cubrir unhas enquisas coas que optar este domingo a un dos dez lotes de conserva artesanal marca Frinsa que se sortearán. Será ás dez da noite no transcurso do tradicional esconxuro da queimada.
Ademais das asociacións, este ano tamén teñen cabida na praza do concello postos artesanais, como por ejemplo un curioso stand de depilación natural.
Entre as novidades da presente edición hai que salientar que o conxunto de actividades gastronómicas e culturais que, baixo a denominación ”Gustando do Mar”, desenvolvíanse na praza de España están a ter lugar nun novo escenario: o edificio do novo mercado, cuxa pranta baixa se transformou nunha tapería de produtos típicos da ría de Arousa.
A primeira planta, sen embargo esta a acoller unha exposición de pinturas e obras de arte pertencentes aos artistas máis recoñecidos de Galicia.
Cabe lembrar que na noite de onte a praza do Concello foi do pregón inaugural a cargo da ribeirense Sabela Pensado, campioa galega de triatlón, que estivo acompañada do alcalde Manuel Ruiz e a concelleira Fabiola García.
Un evento que sen dúbida que reuniu a numerosos espectadores.