Deportes

Poucos días para a celebración primeira edición do Trail Nocturno de Lousame “Fervenzas de Toxosoutos”

O Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame, organizan a primeira edición do Trail Nocturno de Lousame “Fervenzas de Toxosoutos”, que terá lugar o sábado 29 de xuño.

Unha proba, con saída e chegada na contorna do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, que “nace co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da natureza do concello de Lousame a través do deporte, ao tempo que promovemos a actividade física entre a poboación”, explica Néstor Romero, presidente do Club Lousame Deporte.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.