A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta xa adoptou, e vai seguir adoptando, todas as medidas necesarias para evitar que haxa menoscabos no servizo aéreo de salvamento marítimo en Galicia ante a folga convocada polo persoal da empresa concesionaria do servizo. O Executivo galego, dixo, velará porque se manteñan as condicións do servizo e garantir que se siga desenvolvendo “co mesmo rigor e calidade que ata agora”.
https://www.youtube.com/watch?v=kwpO1LeG4HI