Rianxo

Tres paneis explicativos mostran a importancia arqueolóxica DO CASTELO DA LÚA DE RIANXO

O Castelo da Lúa de Rianxo, antigamente coñecido como o Castelo da Torre alberga dende esta mañá tres panis explicativos que dan a coñecer a traxectoria, a importancia e a relación que con outras cidades, como é a de Compostela, tivo o castro na antiguidade e que actualmente fai deste unha reliquia arqueológica de moito valor para Galicia.

Trátase dun proxecto de sinalización no que unha serie de arqueólogos profesionais estudaron as características do Castro para poder reflexar da mellor forma posible a súa importancia nos panéis.

Un Traballo financiado pola Deputación da Coruña a traves dun proxecto de dinamización turístuica que ascende a 5.000 euros.

Adolfo Muíños quioxo aproveitar a ocasión para denunciar o abandono da Consellería de Cultura sobre o Castro.

Foi no ano 2007 cando se levaron a cabo traballos de restauración e posta en valor e cando dende a consellería se tiña previsto destinar unha cifra de 150.000 euros para a recuperación da fortaleza. Unha cantidade que despois de 8 anos aínda non chegou a Rianxo. Adolfo asegura que nas vindeiras semanas se porá en contacto cos responsable do goberno para lembrar que o castelo está pendente desta restauración.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.