A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten destinado no que vai de ano máis de 670.000 euros a tarefas de conservación e mantemento de instalacións portuarias nos peiraos da Zona Norte, na provincia da Coruña, entre Ares e Rianxo. Así o comunicou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao peirao da Pobra, un dos beneficiarios destas actuacións.
https://www.youtube.com/watch?v=BRSlRNsMKUc