INDUSTRIA destina 130.000 euros na dinamización da PRAZA DE ABASTOS DE BOIRO

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe xunto co alcalde de Boiro, Juan José Dieste, a praza de abastos da localidade, onde Xunta e Concello van investir máis de 130.000 euros, continuando co acondicionamento do anexo ao edificio que permitirá dinamizalo con actividades complementarias á venda.

A posta en marcha deste tipo de espazos multifuncionais nas prazas de abastos é unha das acción específicas recollidas no novo Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, co que se está a potenciar a competitividade do sector.

O conselleiro apuntou que esta actuación, nunha infraestrutura clave para o comercio de proximidade e o atractivo turístico do municipio, é unha mostra de como a cooperación é a mellor vía para poñer en marcha proxectos que benefician de forma directa á cidadanía e ao tecido económico local.

Tal e como subliñou o conselleiro de Economía e Industria na súa visita ao mercado, en todos estes programas está a participar o Concello de Boiro, do cal destacou o seu dinamismo así como o do seu empresariado..

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.