Dende que Adolfo Muíños tomou posesión do bastón de mando fai catro anos parece o municipio rianxeiro está a sufrir discriminación por parte do presidente de Portos de Galicia. Foron varias as reunións solicitadas por Muíños para falar de diversos temas que preocupan á seguridade portuaria e que de arranxalos traerían moitos beneficios ao concello. Adolfo Muíños asegura que a día de hoxe Jose juan Durán non se puxo en contacto coa alcaldía, o cal parece un feito preocupante se se ten en conta a situación do actual espigón que volverá a perigar este inverno.
Son outras moitas as solicitudes que dende o concello se lle fan a este ente público dependente da Conbsellería Rural e do Mar.
Dende a alcaldía solicitan que se poñan en contacto canto antes para tratar de solucionar estos problemas.
https://www.youtube.com/watch?v=N-0jTV2WZwU