O Mércores inícianse en Galicia as probas da ABAU, a antiga selectividade, nela están inscritos 405 estudantes da comarca do Barbanza. Dende o 12 ata 14 de xuño enfrentaranse aos temidos exames intentando lograr obter a nota de acceso á carreira soñada. A novidade de este ano é a segunda convocatoria das probas da ABAU que se adianta de setembro a xullo, polo que tamén terán que adiantarse os exames de recuperación.