Ribeira

Vinte voluntarios participarán en agosto nun campo internacional que se celebrará no parque natural de Corrubedo

Coorganizado polo Concello de Ribeira e a Consellería de Política Social, o municipio ribeirense vai dar cabida entre os días 15 e 26 de agosto a un campo internacional de voluntariado no que participarán vinte rapaces e rapazas con idades entre 18 e 30 anos
https://www.youtube.com/watch?v=tl1M1C8fjWU
Este campo de traballo que xa adquire carácter internacional pola procedencia dos voluntarios en anos anteriores, e cuxa lingua vehicular é o inglés, pretende dar continuidade aos cinco realizados en anos anteriores e focalizará o seu labor principalmente no parque natural de Corrubedo, se ben tamén acollerá outras actividades en lugares como a praia de Coroso, o periurbano de San Roque e a illa de Sálvora.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.