O saneamento na Ría de Arousa está a ser un pilar fundamental de actuación para os distintos concellos, que insisten na importancia de manter a ría regenerada para poder, entre outras cousas, dar os seus froitos e mellorar o marisqueo.
É por isto que Lois Piñeiro, manterá unha reunión nas vindeiras semanas con Viaqua, a empresa responsable do saneamento pobrense para poder chegar a un acordo e que por fin se acade unha Pobra 100% saneada.
A Ribeiriña, a zona do Castro e parte do casco urbano serán as zonas de actuación.
Lois seguira a mesma liña de actuación que o exrexedor, Isaac Maceiras que abandonou o mandato deixando o concello un 80% saneado.
Estudaranse tres variables para poder levar a cabo o proxecto, estas son, o número de veciños que serán beneficiados, o custe da obra e a antigüidade da vivenda
https://www.youtube.com/watch?v=m0dRGGdJZZE