Rianxo

RIANXO celebra este sábado o I TORNEO RUGBY PRAIA onde participará VANESA RIAL, xogadora da SELECCIÓN ESPAÑOLA

O concello de Rianxo vén de presentar o I Torneo de Rugby Praia que se
disputará o vindeiro 22 de agosto na Praia de Tanxil e que está organizado polo Club Barbanza Rugby e os Irlandeses de Rianxo.
O obxectivo do torneo é a dar a coñecer o Rugby e os seus valores, ao tempo que serve de punto de encontro para xogadores de distintos puntos de Galicia. Están confirmados, ademais dos locais dos Irlandeses e do Barbanza Cluz, equipos de Vilagarcía, A Coruña, Ourense, Vigo.
Os partidos comezarán a disputarse a partir das 11 da mañá ata as 19 h. aprox. e haberá competición feminina, masculina e infantil. Asemade, antes da final, farase un partido mixto.
Adolfo Muíños falou do interese que ten posto o Concello no Rugby.

https://www.youtube.com/watch?v=CDDQKgDcT1U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.