Adxudicada a pavimentación de tres rúas en CASTIÑEIRAS cun investimento de 39.984 euros

O Concello de Ribeira ven de adxudicar con carácter provisional unha nova actuación consistente na pavimentación asfáltica de tres rúas situadas na parroquia de Castiñeiras.

A acción adscríbase ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial e a empresa que presentou a mellor oferta foi Canarga, S.L., por un importe de 39.984 euros. O prazo de execución é dun mes.
As rúas afectadas por esta actuación de mellora son Camiño da Auga, rúa da Igrexa e rúa da Batiola.

https://www.youtube.com/watch?v=xJ_Wratpyfw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.