A conselleira do Mar, Rosa Quintana, lembrou que na convocatoria deste ano a Xunta puxo a disposición das pemes deste sector preto de 15 millóns de euros a distribuír nas anualidades 2019 e 2020. A conselleira sinalou ademais que no marco da convocatoria deste ano destas axudas a Xunta recibiu 85 solicitudes.
A empresa Pescados Hermanos Lijó presente en 30 países e cunha vintena de traballadores fundouse en 1950, dedícase á clasificación, envasado e embalado dos produtos do mar que comercializa. Entre os produtos que comercializa están o polbo, a boga, a xarda, o cabalón, o xurelo, o lirio, a pescada e a sardiña e no ano 2018 facturou máis de 1,7 millóns de euros. No marco da convocatoria de 2017 de axudas para melloras nas pemes de transformación de produtos do mar foi beneficiaria dunha achega de máis de 122.600 euros para a adquisición de maquinaria e instalacións para optimizar o produto e as condicións de seguridade e hixiene no traballo.