O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a formación de calidade, a internacionalización e a confianza das empresas fan do Centro Superior de Hostelería de Galicia un actor clave para abordar os retos futuros do noso turismo.
https://www.youtube.com/watch?v=0SuoPKt1qUU
Durante o acto de celebración do 25 aniversario do CSHG, Feijóo aseverou que o sector turístico galego non se entende sen o talento que agroma nas aulas deste centro, e que se conecta coas empresas facéndose imprescindible no desenvolvemento turístico e hostaleiro da comunidade