A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de mañá a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra; e por temporal costeiro en Lugo.
https://www.youtube.com/watch?v=P6IjxHBn_Ws
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor das 10,00 da mañá no oeste e suroeste da Coruña e na costa da provincia de Pontevedra. En torno ao mediodía estenderase tamén ao noroeste da Coruña e a primeira hora da tarde chegará ao litoral lucense. Agárdanse ventos de forza 8 ou 9, e mar combinada con ondas de entre 4 e 7 metros.