O DUATLÓN POPULAR CONCELLO DE RIBEIRA homenaxeará a JESÚS HUERTA

O deporte duatlón regresa por terceiro ano consecutivo ao municipio de Ribeira o vindeiro 13 de setembro coa celebración de dúas probas integrantes do Duatlón Popular Concello de Ribeira ‘I Memorial Jesús Huerta’, en homenaxe a este antigo edil no Concello da Pobra e habitual practicante de triatlón, que morreu de forma repentina o pasado mes de febreiro.

Para informar das características do evento ante os medios de comunicación acudiron ao Consistorio Local Julio Simarro e José Carlos Matilla no nome do Club Natación Riveira; Susana Olveira en representación do Club Atletismo Santa Uxía; e Juan Santos e José Luis Martínez como membros do club ciclista Os Saltamontes; que foron recibidos polas concelleiras Aroa Fernández e Fabiola García.

Os participantes na presentación de hoxe fixeron un chamamento para que os veciños se animen a anotarse nesta proba popular coa vista posta en albegar algún día unha proba federado. Os interesados poderán facelo na páxina web http://emesports.es/. O prezo é de 10 euros por persoa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.