Juan José Dieste, o alcalde de Boiro vén de respostar ás demandas e denuncias que dende o Bloque Nacionalista se fixeron o pasado venres con motivo de buscar unha solución aos núcleos de poboación e vivendas afectadas pola lei de costas.
Coa entrada no ano 2013 dunha lei de protección e usos sostibles so litoral abriuse a posibilidade legal de redución da servidume que permitiría a edificación e urbanización do litoral boirense. O alcalde asegura que os trámites se fixeron en tempo e que a súa aplicación xa non depende do concello e que é agora o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o que debe facer unha realidade a redución da citada servidume de 100 a 20 metros.
https://www.youtube.com/watch?v=4v-wtb4HGwI