XUNTA E CSIC aseinan un acordo para impulsar a estrutura deste organismo en GALICIA

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Emilio Lora-Tamayo, reforzaron a alianza de Xunta e CSIC mediante un acordo de colaboración que permite impulsar a estrutura galega deste organismo, permitíndolle captar e reter ao mellor talento na comunidade. O convenio enmárcase nos contratos-programa da Xunta cos centros de investigación e innovación galegos, unha iniciativa que busca mellorar a excelencia da ciencia galega, a transferencia do seu coñecemento ao mercado para crear emprego, a captación de fondos europeos e a contratación de investigadores.
Conde subliñou que o acordo, asinado na Misión Biológica do CSIC en Pontevedra, supón o terceiro contrato programa consecutivo asinado entre a Xunta e o organismo, dotado con 400.000 euros, co que se suman 1,2 millóns en apoio ao persoal investigador do CSIC nos últimos tres anos.

https://www.youtube.com/watch?v=b16RsdWZsiU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.