A feira Artemar Ribeira regresa esta semana na súa cuarta edición edición para servir de referente do sector do mar e epicentro da exaltación da vida mariñeira. A concelleira de Dinamización e Promoción Económica e Cultura, Fabiola García, explicou no día de hoxe as principais características desta nova convocatoria, na que se darán cita 101 stands e unhas 115 actividades que contribuirán a dinamizar a cidade entre o xoves 20 e o domingo 23 de agosto.
Artemar Riveira dará inicio o xoves 18 de agosto a partir das 18 horas. Unha das primeiras citas de intererese será o pregón inaugural que esta vez correrá a cargo da riveirense Sabela Pensado, actual campioa galega de triatlón. Será ás 21 horas na praza do Concello nun acto que contará coa participación dos grupos Olta Gabhar e Tripmalabar.
Entre as novidades da presente edición hai que salientar que o conxunto de actividades gastronómicas e culturais que, baixo a denominación ”Gustando do Mar”, desenvolvíanse na praza de España terán esta vezun novo escenario: o edificio do novo mercado, cuxa pranta baixa transformarase nunha tapería de produtos típicos da ría de Arousa.
https://www.youtube.com/watch?v=jmELJNc7zEg