As festas da Guía de Carreira regresarán dende finais da presente semana con dous días de celebracións nesta parroquia de Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=LwwsHPAdfF0
Así, o domingo 9 de xuño no campo de fútbol haberá ás 10 horas unha Ruta Cabalar (saída dende o entorno do campo) para dar paso ás 12 horas a unha exhibición de boxeo pola escola local El Canario; ás 13 horas, unha degustación de churrasco, xurelos e paella ata rematar existencias; ás 18 horas, inchables infantís; e ás 21 horas, verbena co dúo de Carreira Yesi & Nandi.