A frota galega de cerco, integrada por 125 barcos e 1.200 traballadores directos, emprendeu mobilizacións porque non poden capturar a anchoa que abunda na zona comprendida entre Fisterra e o golfo de Cádiz (a IXa), pechada dende febreiro porque a cota se esgotou, aínda que recurso hai.
As mobilizacións xa comentaron e tal e como asegura Andrés García, representante da asociación de armadores de Galicia, van seguir ata que se faga xustiza.
Representantes do cerco aseguran que tardaron en reaccionar por que pensaban que a administración iba actuar. De feito cedeulle un total de 200 toneladas de anchoa dos intercambios de Portugal, pero os andaluces negáronse.
Hoxe por hoxe aseguran que van tratar de arreglar o problema pola vía administrativa, pero despois irán ao xulgado a reclamar anulidade do reparto do 1.14% para conseguir o que lle toca legalmente a Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=H_R_Eg0OczM