A segunda edición da Carreira Popular de Corrubedo volveu a rexistrar un notable índice de participación con 391 corredores que se animaron a tomar parte nesta atractiva proba que descorre pola parroquia riveirense.
Dos 391 participantes, 216 fixérono dende ás 10 da mañá na proba absoluta de 11.300 metros de lonxitude, con saída e chegada no porto.
Na categoría masculina o vencedor absoluto foi Juan Antonio Gude Vila, do club Monte Penarubia, cun tempo de 41:34. A segunda praza do podio foi para Rodrigo Ares Mateos, de Rosales Run, que completou un rexistro de 42:04; mentres que a terceira posición foi para Ernesto Buceta Pouso, independiente, cunha marca de 44:17.
Na categoría feminina a gañadora absoluta foi Lara Buig Fernández, de S.D. Barbantia Roda, con 56:00. A continuación chegou Natalia Lorenzo Pérez, de Milladoiro, que completou o percorrido en 01:01:31, mentres que o tercero escano do podio foi para Iria Senra Martínez, de Run Trastes, que parou o cronómetro en 01:03:21.
https://www.youtube.com/watch?v=ANRuM7AEdNk