O presidente da Xunta participou hoxe na rolda de prensa convocada polo estaleiro Hijos de Barreras e pola firma The Ritz Carlton Yacht Collection. Feijóo agradeceu a The Ritz Carlton a confianza depositada en Galicia tras a contratación a Barreras dun segundo cruceiro
https://www.youtube.com/watch?v=-lQ2U-FssWE
Con este novo pedido asignado a Barreiras, sinalou, o estaleiro afianza a súa entrada no segmento dos cruceiros e o naval galego reivindica a súa capacidade para construír buques tecnoloxicamente avanzados, en segmentos cada vez máis especializados e baixo estritos niveis de esixencia.