O paro diminúe no BARBANZA pero non frea a pobreza

As cifras apuntan a que o paro está a diminuir na comarca do barbanza pero dende o sindicato da UXT aseguran que o emprego que se está a xerar prima pola súa precariedade.

Un novo concepto de persoa empregada é aquela que traballa e non deixa de ser pobre, así o asegura Luís Figueroa, representante do sector marítimo portuario.
A explotación e os contratos por horas aumentan considerablemente no Barbanza.
A desesperación das persoas por atopar un emprego leva á aceptación de traballos precarios con tal de sair do desemprego.

Luís Figueroa fala de cifras alarmantes ao asegurar que en España hai dous millóns de persoas sen prestacións e 4 millóns en risco de exclusión social.

Cabe asegurar que no proxecto de ornamentos estatais para o vindeiro ano 2016 no que actualmente están a traballar se contempla un forte recorte de axudas ás pensións debido á diminución do paro.
Unha noticia alarmante se se ten en conta que, tal e como aseguran dende os sindicatos, os novos traballos non sacan da pobreza ás persoas.

https://www.youtube.com/watch?v=vXQAEI0pZKA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.