O Concello de Ribeira informou hoxe sobre a convocatoria para a contratación de 3 xefes de praia, 25 socorristas acuáticos e 10 socorristas terrestres

O Concello de Ribeira informou hoxe sobre a convocatoria para a contratación de 3 xefes de praia, 25 socorristas acuáticos e 10 socorristas terrestres para atender os areais do municipio ribeirense.
29052019 03 CONTRATACIONS RIBEIRA
Segundo as bases reguladoras, o obxecto desta convocatoria reside en formar unha listaxe para a contratación temporal destes 38 efectivos. A duración dos contratos será de dous meses e dez días, prevíndose o inicio da relación laboral o 1 de xullo aínda que en función das necesidades do servizo e, sobre todo, das condicións meteorolóxicas poderíase adiantar ou retrasar. Ademais, poderase ampliar a duración dos contratos naqueles areais que se considere preciso.

Salir de la versión móvil