A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do ente autonómico Augas de Galicia, vén de comezar a actuación de mantemento e limpeza sobre o Río Sandián na zona de Goiáns, no Concello de Porto do Son.
Os traballos que se están levando a cabo consisten na roza de maleza e na retirada de ramas e árbores caídas sobre o leito do río.
Otramo sobre o que se actúa consta dun total de 260 metros de lonxitude. A continuación móstranse dúas imaxes nas que se pode apreciar o estado do río antes de comezar as obras.
https://www.youtube.com/watch?v=3gheVIN7rG4