O BNG de Boiro vén de presentar un escrito no Concello onde solicita ao goberno local unha solución definitiva aos núcleos de poboación e vivendas afectadas pola servidume de protección de costas.
Coa entrada no ano 2013 dunha lei de protección e usos sostibles so litoral abriuse a posibilidade legal de redución da servidume que permitiría a edificación e urbanización do litoral boirense.
Aseguran que Dieste é o responsable de poñerse en contacto co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que emita un informe favorable en relación coa redución da citada servidume de 100 a 20 metros.
Dende o BNG solicitan ademais que o goberno informe á cidadanía do actual expediente e das medidades que se teñen previsto adoptar para dar solución a esta problemática.
https://www.youtube.com/watch?v=Vu_kW3FjKew