O BNG da Pobra do Caramiñal rendirá homenaxe a dúas persoas polo día da Galicia Mártir: Alexandre Bóveda e Manuel Fernández Pou.
O responsábel local do BNG destacou que estes actos teñen un dobre valor. O recordo dos que morreron pola defensa de Galiza na figura de Alexandre, e dos que tiveron que marchar na persoa de Manuel.
A pesar de que o 79 aniversario da morte de Alexandre Bóveda é o luns 17 de agosto, os actos celebraranse mañá.
Ramiro Ouviña explicou o programa que se levará a cabo.
Ramiro Ouviña fará a presentación e intervirá Xosé Luís Axeitos, membro da Real Academia Galega que falará sobre o exilio producido pola Guerra Civil, e Rosana Pérez, deputada do BNG no Congreso, centrarase no homenaxeado. O acto contará, ademais, coa presenza da filla, Blanca, e da única irmá viva, Rosa, do homenaxeado.
Manuel naceu e viviu parte dos seus últimos anos na Pobra, anos en que participou na candidatura do BNG ás eleccións municipais.