A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar os premios extraordinarios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
https://www.youtube.com/watch?v=4f3dlAOV61A
O obxectivo destes galardóns é recoñecer as mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia. Para tal fin, o departamento que dirixe Carmen Pomar destina un orzamento de 222.000 euros.