O Cabo de Cruz conseguiu o campionato galego de traineIriñas celebrado este fin de semana en Boiro . Lográrono despois de tres auténticas exhibicións que lles permitiron ondear ao ceo as bandeiras que dan acceso ao Campionato de España que se disputará a próxima semana en Moaña.