Un total de 2.028 escolares de 92 aulas, procedentes de 39 centros diferentes de toda Galicia, participaron na edición 2018-2019 do programa educativo Clases sen Fume, iniciativa que organiza a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación.
https://www.youtube.com/watch?v=16r1SX6iBJk
O principal obxectivo deste programa educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. O acto estivo presidido polos conselleiros de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña e Carmen Pomar Tojo, respectivamente.