A Xunta de Galicia vén de convocar os exames para a obtención da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia. Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), as probas dirixiranse tanto para as persoas que queiran acreditarse por primeira vez como para aquelas que, contando xa coa habilitación, queiran ampliala a outros idiomas.
https://www.youtube.com/watch?v=qM_rsDuzbiQ
Para poder habilitarse como novo guía de turismo especializado en Galicia será preciso superar tres exercicios eliminatorios. O primeiro consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 80 preguntas tipo test sobre un temario referido á xeografía, historia e cultura galegas, a itinerarios e recursos turísticos na Comunidade así como sobre lexislación.