INSPECCIÓN DE TRABALLO investiga un barco de altura de RIBEIRA no que o armador asegura ter gastos de medio millón de euros

O sindicato da UXT leva a inspección de Traballo o caso dun barco de altura de Ribeira que podería estar a enganar á tripulación para quedarse cos cartos pola venda do peixe.
Un dos tripulantes que está afiliado ao sindicato trasladou a súa preocupación polo sucedido a Luís Figueroa, representante do sector marítimo portuario.

Despois de reunir unha serie de informacións e pistas sobre o que esta a ocorrer Luís aseguira que se pode tratar dunha estafa do armador que pretende atribuir unha serie de gastos que non existen para non pagarlle á tripulación. Unha cifra excesiva que se achega ao medio millón de euros.

O representante maritimo portuario asgeura que se trata dun caso que, de ser necesario, se trasladará aos tribunais.

Dende o sindicato aseguran que esta problemática se atribue a varios portos pesqueiros de galicia onde os mariñeiros teñen medo a denunciar por medo a perder o seu traballo.

https://www.youtube.com/watch?v=r1SaBulWNWs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.