A POLICÍA AUTONÓMICA xa conta con moitas pistas sobre o presunto culpable do INCENDIO DE LOUSAME

A Policía autonómica segue a investigar a causa dos continuos incendios que no último lustro calcinaron máis de 900 hectáreas no concello de Lousame. O último tivo lugar o pasado domingo, á primeira hora da tarde e que afectou arredor de 50 hectáreas.
Polo de agora xa teñen moitas pistas dun posible culpable que leva actuando na súa terra natal dende fai varios anos, pero de momento cabe manter a presunción de inocencia.
A alcaldesa de Lousame asegura que o Corpo de policías está a facer unha gran labor para dar co culpable.
Destaca tamén o Traballo da brigada, de protección civil e garda civil así como o resto dos operativos na extinción do lume do pasado domingo.
Tanto é así que Tállara concentra o maior número de conatos de lume da comarca. O problema é que algúns destes alcanzan a categoría incendio, o que implica, en moitos casos, unha gran superficie calcinada.

https://www.youtube.com/watch?v=qw4hQ55c3gM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.